jueves, 9 de junio de 2016
6. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía
A ciencia e a técnica teñen unha poderosa influencia sobre a nosa forma de vida. A ciencia e a técnica permítennos separarnos das ataduras da Natureza; axúdannos, por exemplo, a combater a enfermidade ou a vivir nun mundo con menos ameazas. Limitacións ecolóxicas O uso da tecnoloxía e a forma en que se aplica o coñecemento científico provocan efectos negativos. Vemos como aparecen algúns problemas sanitarios modernos, que antes non existían, por un uso indebido de certas técnicas. Por exemplo, o mal das vacas tolas, que se debe á alimentación de tales animais a base de fariñas cárnicas. Esta forma de alimentar ás vacas favorecía o seu rápido crecemento e, ademais, permitía o reciclado de proteínas que, doutra forma, se perderían. E é posible atopar moitos máis exemplos de problemas xerados por un uso extensivo e equivocado de certas técnicas que, finalmente, teñen efectos negativos sobre a saúde das persoas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario